Chantada incorpora tres novos vehículos eléctricos á súa flota municipal

O Concello de Chantada adquiriu dous vehículos eléctricos destinados aos departamentos de Obras e Medio Ambiente e Parques e Xardíns, que se suman ao vehículo para a recollida de residuos orgánicos co que xa contaba desde o ano pasado.
O custo destas novas adquisicións ascende a 88.400 euros, dos cales o Concello aporta 19.000 euros, mentres que o resto da financiación procede de axudas dos fondos Next Generation da Unión Europea, destinadas á mellora medioambiental na xestión de residuos, e do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, que apoia iniciativas de limpeza e sustentabilidade nos municipios.
O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, destacou que estes vehículos reflicten o compromiso do Concello co medio ambiente e o uso eficiente dos fondos públicos.
Os novos vehículos, de pequeno tamaño e multifunción, empregarase en diferentes tarefas diarias. O seu deseño, explican desde o Concello, permitirá acceder a espazos estreitos, facilitando a recollida de residuos e a realización de reparacións en zonas de difícil acceso, como o Paseo Fluvial.