Chantada festexa esta semana o seu Festival de Nadal

Chantada celebra esta semana o seu Festival de Nadal, que arranca este mesmo luns, 16 de decembro, no Auditorio Municipal, coa actuación do alumnado de ASDEME, así como un espectáculo de piano, música e movemento e por, último, un espectáculo de música moderna e combos.
O festival continuará o mércores, 18 de decembro, con actuacións de clarinete, saxofón, canto e piano no Auditorio Municipal, entre as 18.00 e as 19.30 horas e, por último, o sábado 21 de decembro terá lugar unha actuación da Banda Infantil de Música ás 11.00 horas polas rúas de Chantada e, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal, será a quenda da ‘Sección Tradicional’.