Chantada entra en alerta media por covid por un gromo

RibeiraSacraXa
Chantada entra en alerta media por covid segundo o acordo hoxe do Comité Clínico. Únese a Bareiros e Trabada.
vista aerea chantada
23 Apr 2021

Debido ao gromo detectado en Chantada, este Concello entrará o luns en alerta media, xa que en un principio estímase que haberá unha vintena de afectados polo virus.

A maior parte dos contaxios derivan da celebración dunha festa entre a mocidade da vila. Durante a xornada de hoxe realizouse un cribado do que se saberán os resultados durante a fin de semana.

Xunto a Chantada seguirán en alerta media Barreiros e Trabada, que diminuiron durante estes días a súa incidencia.

Meira, pola contra, seguirá en alerta alta.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.099699020385742