Chantada e Monforte acollerán unha formación gratuíta en prevención de riscos laborais

Co obxectivo de mellorar a empregabilidade nas comarcas de Chantada e Terra de Lemos, Acción contra o Famepoñerá en marcha unha formación gratuíta e certificada en Prevención de Riscos Laborais na Construción (PRL), que permitirá ás persoas participantes obter a homologación oficial necesaria para traballar neste sector.
O curso, de 60 horas de duración, combinará formación presencial e en liña. En total, 20 horas serán presenciais e impartiranse en sesións de 5 horas cada martes —os días 11, 18 e 25 de novembro, e 2 de decembro—, mentres que as 40 horas restantes se desenvolverán en formato en liña. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 7 de novembro.
Esta iniciativa enmárcase nas accións de Acción contra o Fame para favorecer a inserción laboral e ofrecer novas oportunidades de emprego en sectores con alta demanda de persoal cualificado.