Chantada destinará un total de 60.000 euros en axudas á natalidade durante 2026

RibeiraSacraXa
As axudas están enfocadas a apoiar ás familias nos gastos durante os dous primeiros anos tras o nacemento ou adopción
Natalidad
23 Feb 2026

O Concello de Chantada destinará este ano un total de 60.000 euros en axudas á natalidade, unha medida coa que o Goberno municipal pretende seguir contribuíndo a fixar poboación no municipio mediante mecanismos que favorezan o nacemento e crianza de nenas e nenos.

As axudas céntranse en apoiar ás familias nos gastos no momento do nacemento e distribúense en dúas liñas. Por un lado, establécense axudas do primeiro ano de nacemento ou adopción, de 800 euros por cada neno ou nena nacido/a ou adoptado/a, cun prazo de solicitude de 4 meses desde o nacemento ou adopción ou desde a publicación das bases. Por outro lado, tamén haberá axudas do segundo ano de nacemento ou adopción, de 400 euros por neno ou nena nacido/a ou adoptado/a, cun prazo de presentación aberto ata o 30 de outubro de 2026.

As bases das axudas están publicadas desde este luns no Boletín Oficial da Provincia (BOP), onde se poden consultar os requisitos e a documentación necesaria para solicitalas. O procedemento de concesión destas subvencións será o de convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva, e o prazo para a resolución do procedemento será de 3 meses desde a presentación da solicitude.

0.090996980667114