Chantada convoca 7 prazas para a brigada de obras municipal

RibeiraSacraXa
O Concello vén de convocar 7 prazas para a brigada de obras municipal. Poden presentarse as solicitudes ata o 19 de febreiro
8 Feb 2021

O Concello de Chantada vén de convocar un total de 7 prazas de persoal laboral temporal para a brigada de obras municipal. En concreto, búscase un palista, un condutor para camión, un condutor para camión con cuba, un condutor de tractor-desbrozadora e tres peóns especialistas.

O sistema de selección será o concurso-oposición e faranse contratos para un período de 7 meses. As bases do procedemento, que saíron publicadas no BOP do pasado sábado 6 de febreiro, poden consultarse tamén no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web.

As persoas interesadas en participar no proceso de selección para calquera das 7 prazas poden presentar as súas solicitudes, ata o venres 19 de febreiro, no Rexistro xeral do Concello de Chantada. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía resolverá no prazo máximo de tres días hábiles.

Estas contratacións están financiadas cos fondos do Plan Único.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1602668762207