Chantada contará cunha nova senda no río Asma

RibeiraSacraXa
O proxecto terá un orzamento próximo aos 930.000 euros e executarase ao longo de case 2.000 metros divididos en dous tramos
jose-antonio-quiroga-manuel-lorenzo
José Antonio Quiroga e Manuel Lorenzo Varela
19 Mar 2025

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, e o alcalde do municipio lucense de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, asinaron o convenio que permitirá levar a cabo as obras de construción dunha senda no río Asma, que dará continuidade aos paseos existentes.

O convenio establece as condicións de colaboración para o financiamento e a execución das obras, así como o réxime para a posterior entrega das mesmas co fin de garantir o seu mantemento e conservación.

As obras
O proxecto contempla a execución de dous tramos de senda fluvial no entorno do río Asma ao seu paso por Chantada, como prolongación dos paseos xa existentes.

O primeiro tramo iniciarase nas inmediacións da estación depuradora de augas residuais (EDAR) e estenderase ao longo de 1.150 metros río abaixo, finalizando preto do cemiterio de Chantada.

Neste tramo construiráse unha senda con pavimento granular estabilizado, equipada cos elementos de drenaxe necesarios. Ademais, instalarase un peche con varanda de madeira para delimitar o espazo respecto ás fincas colindantes.

O segundo tramo, cunha lonxitude de 700 metros, presenta zonas de forte pendente e outras con perfís máis suaves. Comezará no camiño de Sangoñedo, preto da actual estación de tratamento de auga potable (ETAP), e finalizará nas proximidades do paso da estrada LU-P-1807 sobre o río Asma.

Nas áreas de maior pendente está prevista a construción dun paseo de madeira tratada sobre pilotes, mentres que nos tramos con menor inclinación empregarase o mesmo pavimento granular estabilizado do primeiro tramo.

José Antonio Quiroga destacou que "estas actuacións, que supoñen un investimento próximo aos 930.000 euros, reflicten o compromiso da CHMS cos municipios desta demarcación, co obxectivo de avanzar na conservación e mellora dos cursos fluviais para o uso e desfrute de residentes e visitantes".

⚙ Configurar cookies
0.35759401321411