Chantada conta cun amplo parque infantil na Alameda e unha pista de pádel que a Xunta puxo en valor

RibeiraSacraXa
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, realizaron unha visita institucional a Chantada para coñecer as necesidades do Concello e comprobar o resultado de distintas actuacións enmarcadas no apoio ao eido local.
pista de padel Chantada
22 Xan 2024

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, realizaron unha visita institucional a Chantada para coñecer as necesidades do Concello e comprobar o resultado de distintas actuacións enmarcadas no apoio ao eido local.

Ademais da Casa do Concello, o percorrido pola localidade incluíu o parque infantil da alameda, que acaba de ser ampliado para ofrecerlles ás familias un espazo de xogo e socialización máis confortable.

Ademais, Diego Calvo coñeceu tamén a nova pista de pádel, instalada na contorna do pavillón municipal co obxectivo de atender a elevada demanda veciñal para a práctica deste deporte.

Desta maneira, Calvo destacou que a Xunta de Galicia financiou con 70.000 euros a reforma do parque infantil da Alameda de Chantada e a construción dunha nova pista de pádel ao aire libre no municipio. As actuacións realizáronse con cargo á orde de infraestruturas de uso público dos anos 2023 e 2022.

Calvo destacou que a actuación de reforma e ampliación do parque da Alameda, xunto ao río Asma, permitiu aumentar a súa superficie en máis do dobre, ata os case 120 metros cadrados.

Por outra parte, instalouse un pavimento de caucho no espazo de xogos, que conta con randeeiras, un tobogán, dous balancines e un carrusel. A pista de pádel, pola súa banda, está situada xunto ao pavillón municipal e ten unhas dimensións de dez metros de ancho por 20 de longo.

0.21128702163696