Chantada construíu un poboado de Nadal para celebrar estas datas
O Concello de Chantada construíu un poboado de Nadal para celebrar estas datas.
O tema foi a utilización de referencias ao pasado, ao presente e ao futuro. Está feito con material xa empregado e as luces que teñen algunhas representacións funcionan con luz solar.
Na praza do Cantón pódese ver o Nadal coa árbore mentres que na praza da Casa da Cultura e na rúa do Comercio hai unha representación das feiras pasadas cos seus xogos para os nenos e os animais que estaban nesta rúa para súa venda.
Na rúa de Leonardo Rodríguez atópanse dous peregrinos que están facendo o Camiño Xacobeo de Inverno. Ao chegar á Plazuela (praza Santa Ana), un tren traslada aos veciños do pasado cara o futuro onde a igualdade e a diversidade están presentes na sociedade.
Na praza de Galicia pódese ver o amor que senten os veciños que viven aquí e os que están fóra durante todo o ano e poden volver en datas tan sinaladas coma esta, por Chantada levándoa sempre no corazón.
Na zona vella pola rúa Xoán de Requeixo, unhas curuxas protexen aos nenos para que ninguén lles quite a ilusión na noite de Reis mentres dormen nas súas camas.
Noutras partes da vila hai árbores e bonecos de Nadal coma na Avenida de Monforte ou na rúa Uxío Novoneyra.