Chantada celebra o Día do Comercio da man do Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra este sábado

RibeiraSacraXa
Neste evento participarán máis de 40 negocios e máis de 20 artesáns
Dia-do-comercio-Chantada
18 Xuño 2024

O Día do Comercio de Chantada celebrarase este sábado, 22 de xuño, desde as 10.00 e ata as 23.00 horas, no que participarán máis de 40 negocios asociados ao Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra e máis de 20 artesáns e comerciantes doutras zonas de Galicia.

Os establecementos participantes estarán abertos mañá e tarde para facilitar as compras, e na Rúa Fontearcada haberá unha mostra de coches antigos e postos de asociacións, como AFA Chantada, para vender merchandising e informar sobre as súas actividades.

Ademais, haberá zona infantil con inchables e postos de chuches, e na Rúa do Comercio instalarase un mercadillo de artesanía e na Praza de España estará a zona de alimentación do mercadillo.

"Vai ser un día de festa moi especial, polo que se converterán en peonís as rúas Xoán XXIII e Fontearcada, que estarán cortadas ao tráfico", explican desde a organización do evento.

PROGRAMA

Todo comezará ás 11.00 horas, co pasarrúas con grupo de gaitas e baile tradicional polas rúas de Chantada, e ás 12.30 terá lugar o concerto de grupo de gaitas e baile tradicional na rúa rúa Xoán XXIII. De 16.00 a 17.00 horas haberá pasarrúas con batukada e de 17.00 a 20.00 horas haberá unha zona infantil con inchables e postos de chuches.

Ademais, tamén de 17.00 a 20.00 horas terá lugar a actuación dun cuarteto de gaitas e pasarrúas e xa ás 20.15, na Rúa do Comercio, celebrarase o concerto de grupo de acordeóns. Por outra parte, de 18.45 a 20.00 horas, haberá un concerto de grupo de música moderna na Praza de Galicia ee, finalmente, de 21.00 a 22.00 horas, en O Cantón, terá lugar a actuación de Tirapralá.

0.19112586975098