Chantada celebra a XVII Feira de Oportunidades para impulsar o comercio local

RibeiraSacraXa
A cita, organizada pola Asociación de Empresarios e o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra, reúne durante toda a xornada negocios da vila nun evento que busca dinamizar a economía e atraer novos clientes
Feira-de-Oportunidades-de-Chantada 2026
7 Mar 2026

O centro urbano de Chantada acolleu este sábado a XVII edición da Feira de Oportunidades, un evento comercial que se desenvolve durante toda a xornada nunha carpa instalada para a ocasión pola Asociación de Empresarios e o Centro Comercial Aberto (CCA) Ribeira Sacra. A iniciativa reúne a numerosos establecementos da localidade co obxectivo de promover as vendas e dar saída a produtos de tempadas anteriores.

Ata a feira desprazouse a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, quen destacou a relevancia desta cita para o tecido económico local. Durante a súa visita, subliñou que este tipo de iniciativas contribúen a reforzar a actividade comercial e a dinamizar a vida social do municipio.

Segundo explicou, a Feira de Oportunidades converteuse xa nun encontro consolidado que beneficia tanto aos comerciantes como aos consumidores. Por unha banda, os negocios teñen a ocasión de liberar stock e presentar ofertas atractivas; por outra, o público pode acceder a produtos con prezos máis vantaxosos.

A deputada destacou ademais que eventos deste tipo funcionan como un elemento dinamizador non só para Chantada, senón tamén para o conxunto da comarca, ao atraer visitantes e xerar movemento económico arredor do comercio local.

0.12786197662354