Chantada busca participar no Gran Prix de 2025

RibeiraSacraXa
O Concello convoca este martes aos veciños para participar na gravación do vídeo promocional
casa-da-cultura-chantada
Casa da Cultura, imaxe do Concello de Chantada
10 May 2025

O Concello de Chantada decidía o ano pasado presentarse por primeira vez ao Grand Prix, o concurso de TVE guiado por Ramón García, no que os habitantes de distintos concellos de España compiten entre sí en diferentes probas de habilidade.

O vídeo que prepara o Concello de Chantada nesta ocasión volve a insistir nos principais atractivos do municipio: o viño e as súas ribeiras da viticultura heroica, as festas e celebracións entre as que destacan o Folión de Carros, Festa de Interese Turístico Galego; ou os días de feira para degustar o polbo; a Muiñeira de Chantada e o casco antigo da vila do Asma coas súas rúas empedradas e os seus soportais.

Para completar a gravación deste vídeo, o Concello de Chantada, quere involucrar a toda a veciñanza. Para iso convocan á xente para este martes, 13 de maio, ás 20.00 horas diante da Casa da Cultura de Chantada.

“Esperamos poder contar co maior número posible de xente reunida diante da Casa da Cultura, mentres o capitán do equipo que se presenta para competir no Grand Prix tenta convencerme de que o tentemos de novo”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, “por suposto que nos volvemos a presentar para seguir levando o nome de Chantada por toda España. Estou seguro de que co apoio de todos e todas teremos máis posibilidades de éxito”.

⚙ Configurar cookies
0.15971994400024