Chantada acolleu unha xornada sobre o rural galego protagonizada por Interior Galego Vivo

RibeiraSacraXa
Interior Galego Vivo (IGV) protagonizou unha xornada sobre o sector primario, de PAC, de sanidade e servizos públicos, de democratizar a cultura.
xuntanza Interior Galego Vivo
10 Dec 2023

Interior Galego Vivo (IGV) protagonizou unha xornada sobre o sector primario, de PAC, de sanidade e servizos públicos, de democratizar a cultura... en Chantada, no que puideron participar todas as persoas interesadas.

Así, na reunión o partido político puxo sobre a mesa medidas e alternativas para o rural, "agradecendo a presenza a todas as persoas relatoras e asistentes que contribuíron para unha xornada moi enriquecedora", explican.

"Desde Interior Galego Vivo volvemos incidir tamén na necesidade dun acordo amplo que permita que en Lugo e Ourense non se perdan votos para poder mudar o goberno da Xunta. A urxencia é total porque o rural desaparece e a demotanasia avanza no medio da mercantilización das vidas e dos territorios", sostiveron.

Así, pediron a Sumar Galicia, BNG e PSOE a que estabelezan canles de diálogo para un acordo amplo sobre un programa común para os territorios. "Pola nosa parte tentaremos manter xuntanzas con todos os grupos trasladando cuestións programáticas e a necesidade de unidade para reverter as políticas predatorias do PP e conseguir a mudanza que permita avanzarmos como país", concluíron.

0.13267278671265