Chantada acollerá unha xornada sobre a profesionalización do Turismo o martes 13

RibeiraSacraXa
O próximo martes 13 de maio, de 17.
auditorio Chantada 8M
4 Maio 2024

O próximo martes 13 de maio, de 17.00 a 19.00 horas, terá lugar a xornada 'A profesionalizacion do Turismo. Sinerxias e dialogos para o futuro do sector' no Auditorio Municipal de Chantada.

Neste caso, a temática común a tratar é o sector do turismo e todas aquelas iniciativas, proxectos, entidades, etc. coas que estudar colaboracións e establecer sinerxías, tanto intra como intersectoriais.

"Co obxectivo de establecer diálogos sobre o futuro do sector no noso territorio convócase esta xuntanza, que ten vocación de ser a primeira dun percorrido que permita que a cidadanía e as empresas conversen, desvelen potenciais, estuden sinerxías e, en definitiva, colaboren para construír un futuro para todos e todas de maneira consciente e en consonancia co desenvolvemento rural", explican os organizadores.

Así, fan un chamamento a todas aquelas persoas que se consideran profesionais do sector turístico, pero tamén a aquelas outras que se ven afectadas ou que consideran que poden explorar novas oportunidades neste eido: estudantes, asociacións, desempregadas, emprendedoras, empresas do sector primario ou do sector servizos, etc.

Nesta primeira xuntanza poranse en común inquedanzas, potencialidades, oportunidades, etc. Poderase falar de desestacionalización, profesionalización, emprego, oferta complementaria, certificacións de calidade, novos proxectos... Partindo das intervencións das presentes e cun enfoque participativo, intentando identificar ideas e obxectivos que lle dean continuidade a estas reunións.

O papel de Acción contra a Fame será o de facilitar os encontros e as aprendizaxes que poidan darse, servindo como moderadoras ou organizando xornadas ou formacións que axuden ás persoas participantes a conseguir os seus obxectivos. Sempre coa vista posta na creación e mellora do emprego e na dinamización territorial como formas de fixar poboación no rural.

0.19826698303223