Chantada acollerá unha xornada para evitar o sobreendebedamento
Este xoves 18 de novembro terá lugar na Aula Cemit de Chantada unha actividade organizada pola Asociación de consumidores ADICAE para evitar o sobreendebedamento.
O obxectivo desta iniciativa é a de proporcionar as ferrametas necesarias para impedir o sobreendebedamento, coñecer os produtos e servizos financeiros e aprender a elaborar un presuposto familiar.
A actividades comezará ás 17:30 horas.
Para formar parte da mesma é preciso realizar unha inscripción previa mandando un correo a santiagodecompostela@adicae.net ou chamando ao 981 941 397.
A crise xerada pola pandemia do COVID – 19 voltou poñer en primeiro plano os problemas de empobrecemento e sobreendebedamento dos consumidores e as malas prácticas financeiras que lles afectan, coma os créditos rápidos e as tarxetas de crédito aplazado, coñecidas como revolving. Os últimos datos amosan unha situación preocupante no relativo as execucións hipotecarias e, ademáis, moitos consumidores estanse vendo perxudicados polas comisións bancarias e productos e servizos financeiros, por iso dende a Asociación ven preciso realizar actividades con este tema como eixo central proporcionando os datos necesarios aos empresarios para realizar boas conductas financeiras.
Esta actividade conta co apoio do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para a realización de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento.