Chantada acollerá un curso gratuíto de saúde mental e emocional para familias

O sábado 27 de setembro, no Telecentro de Chantada, celebrarase un curso gratuíto titulado 'Saúde mental e emocional para as familias'. A actividade forma parte do programa Corresponsables e está dirixida a persoas interesadas en mellorar o benestar emocional no ámbito familiar.
A inscrición faise a través dos Servizos Sociais do Concello de Chantada, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, chamando ao 982 462 299.