Chantada acollerá un curso gratuíto de primeiros auxilios pediátricos

RibeiraSacraXa
Será o próximo sábado, 25 de outubro, e require inscrición previa
curso-primeiros-auxlios-pediatricos
19 Oct 2025

O próximo sábado 25 de outubro, de 9:00 a 14:00 horas, celebrarase no Telecentro de Chantada un curso gratuíto de “Primeiros Auxilios Pediátricos”, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos básicos para actuar ante emerxencias infantís.

As prazas son limitadas e a inscrición debe realizarse a través de Servizos Sociais antes do xoves 23 de outubro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, chamando ao 982 46 22 99.

A actividade está organizada por Cruz Vermella e Affamer, coa colaboración do Ministerio de Igualdade, a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Chantada.

⚙ Configurar cookies
0.070212841033936