Chantada acollerá un ciclo de talleres sobre comunicación dixital para emprendedores

RibeiraSacraXa
A actividade terá lugar os días 17 e 18 de setembro no Auditorio Municipal de Chantada e está a enfocada a mellorar a presenza das persoas emprendedoras nas redes utilizando só o móbil
Imaxe recurso de cobertura móbil
3 Sep 2025

O Auditorio Municipal de Chantada acollerá os días 17 e 18 de setembro un ciclo de talleres prácticos dirixidos a persoas emprendedoras que queren mellorar a súa comunicación dixital. A actividade, titulada ‘Fai despegar o teu proxecto nas redes sociais utilizando o teu teléfono móbil”, busca ofrecer recursos sinxelos e accesibles para dar máis visibilidade aos proxectos locais a través de imaxes e vídeos de calidade feitos cunha ferramenta moi común: o teléfono móbil.

O programa desenvolverase ambos días en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. A primeira xornada estará centrada especificamente na fotografía, mentres que o segundo día o enfoque será o contido multimedia para aprender a realizar vídeos que destaquen nas redes sociais. Para participar será preciso inscribirse previamente a través do número 648 166 848 ou mediante o formulario de inscrición.

A proposta está deseñada no marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostible, desenvolvido por Acción contra a Fame e financiado por FSE+ e a Fundación MAPFRE, e ten o obxectivo de reforzar a capacidade de comunicación das persoas emprendedoras, ofrecéndolles técnicas prácticas que poidan aplicar de inmediato, para transmitir mellor o valor do seu traballo e conectar coa súa clientela potencial.

⚙ Configurar cookies
0.10487508773804