Chantada acollerá este mércores un curso de Primeiros Auxilios para a veciñanza
									RibeiraSacraXa								
			Os asistentes aprenderán como actuar ante queimaduras, feridas, infartos, golpes de calor ou ictus, entre outras cuestións
 					
					
Primeiros Auxilios
			
			11 Nov 2024
			
				Este mércores, 13 de novembro, no Telecentro de Chantada celébrase o curso gratuíto de Primeiros Auxilios destinado a toda a veciñanza.
O curso desenvolverase entre as 16.00 e as 21.00 horas e as inscricións faranse a través dos Servizos Sociais do Concello de Chantada, no 982 462 299.
Os asistentes aprenderán como actuar ante queimaduras, feridas, infartos, golpes de calor ou ictus, entre outras cuestións, co fin de preparar aos veciños e veciñas ante situacións de risco.