Chantada acollerá as primeiras Olimpíadas do Envellecemento Saudable da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

RibeiraSacraXa
Trátase da primeira iniciativa destas características que terá lugar en España e buscará visibilizar ás persoas maiores como referentes activos e capaces dentro dunha sociedade diversa
presentacion-olimpiada-xeriatria-chantada
9 Apr 2026

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría presentou esta mañá en Chantada as I Olimpíadas do Envellecemento Saudable, que se desenvolverán no municipio e que contan coa colaboración do Concello.

Trátase dun evento de carácter lúdico, deportivo, cultural e comunitario que busca fomentar a actividade física, o benestar integral e a participación social ao longo de todas as etapas da vida. A organización destaca que é a primeira vez que se pon en marcha unha iniciativa destas características, tanto en Galicia como no resto das comunidades.

O principal obxectivo destas olimpíadas é visibilizar ás persoas maiores como referentes activos e capaces dentro dunha sociedade diversa, promovendo unha imaxe positiva do envellecemento.

O programa incluirá distintas actividades adaptadas a diferentes niveis funcionais, abertas ademais á participación de persoas de todas as idades interesadas en desfrutar do exercicio físico nunha contorna social e colaborativa.

A primeira edición das Olimpíadas do Envellecemento Saudable celebrarase en Chantada, unha contorna destacada polo seu valor paisaxístico e cultural.

0.12567090988159