Chantada acollerá a vindeira semana o II Foro de Innovación Empresarial organizado pola CEL

RibeiraSacraXa
Terá lugar el próximo martes, día 14 de xaneiro, e contará coa conferencia maxistral do consultor en estratexia, innovación e emprendemento Xavier Marcet
cartel-foro-innovacion-empresarial-chantada
7 Jan 2025

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 14 de xaneiro de 2025, martes, en Chantada, o seu II Foro de Innovación Empresarial, posto en marcha pola entidade no marco do programa Conecta Lugo, un programa de apoio e asesoramento a pemes da provincia que desenvolve coa Xunta de Galicia desde 2021.

Este foro, concibido como un evento de impulso da cultura innovadora na zona sur da provincia de Lugo, contará unha vez máis cunha conferencia maxistral de Xavier Marcet, consultor en estratexia, innovación e emprendemento corporativo formado nas escolas de negocios UC Berkeley IESE e ESADE e unha licenciatura anterior en historia pola UAB. Xavier Marcet é asemade Presidente de Lead To Change LTCproject, empresas en rede adicadas á consultoría en estratexia e innovación, e 8 Wires, unha startup sobre Big Data e Management.

A maiores, Marcet é autor de varias publicacións de referencia sobre xestión e competitividade empresarial como "Esquivar la mediocridad. Notas sobre management: complejidad, estrategia e innovación", "Crecer haciendo crecer: El secreto de las empresas consistentes" ou "Cosas que aprendemos después. Bloggiana sobre management, innovación y estrategia", entre outras.

Trala intervención de Marcet está prevista unha mesa redonda de reflexión na que participarán axentes de organismos públicos que desenvolven programas de apoio empresarial así como CEOs de diferentes empresas con traxectoria innovadora de interese.

O Foro terá lugar no Auditorio Municipal de Chantada en horario de tarde (acreditación ás 16:45 horas). A asistencia é gratuita pero é necesario reservar praza a través da web de la CEL, www.cel.es.

0.17221593856812