Chantada acolle un curso de aprendizaxe sobre poda este venres 16

RibeiraSacraXa
A Oficina Agraria Móbil da Consellería do Medio Rural continúa impulsando xornadas formativas ao longo de toda Galicia e nos vindeiros días visitará os concellos de Chantada e Monterrei para ofrecer dúas sesións de aprendizaxe sobre poda.
13 Feb 2024

A primeira cita será o venres 16 de febreiro no lugar de Pumar, na parroquia de Merlán, no concello de Chantada, onde se desenvolverá un curso sobre poda de maceiras.

En cada un destes cursos poden participar, como máximo, 15 alumnos, que teñen que realizar a inscrición gratuíta previamente. O programa ten una parte teórica e outra práctica, con labores que se desenvolverán en parcela.