Chantada acolle o proxecto 'Galegas Dixitais' para formar en capacidades dixitais ás mulleres do municipio

RibeiraSacraXa
O proxecto 'Galegas Dixitais' chegará a Chantada o vindeiro 29 de xaneiro na aula de informática do Telecentro do municipio e as mulleres interesadas poden inscribirse na oficina de servizos sociais do Concello.
telecentro de Chantada
13 Xan 2024

O proxecto 'Galegas Dixitais' chegará a Chantada o vindeiro 29 de xaneiro na aula de informática do Telecentro do municipio e as mulleres interesadas poden inscribirse na oficina de servizos sociais do Concello.

Os obxectivos do programa son mellorar as capacidades dixitais de mulleres residentes en zonas rurais, preferentemente desempregadas; incrementar o seu nivel de empregabilidade, impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero.

Este programa de formación para a dixitalización de mulleres, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, rematará coa entrega de título oficial acreditativo da formación e co regalo dun ordenador portátil a cada participante.

A formación será gratuíta durante as 120 horas de duración e estará impartida por expertos docentes que promoverán un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende un nivel básico de competencias dixitais ata un nivel avanzado que permita coñecementos das novas tecnoloxías e maiores posibilidades de empregabilidade ou o emprendemento.

Entre os contidos verase: navegación, configuración e navegadores; procura de información a través de buscadores; nocións básicas de seguridade informática, creación e edición de contidos dixitais, técnicas avanzadas de procura de información, almacenamento de contido na nube; uso básico de redes sociais; recursos tecnolóxicos necesarios para o desenvolvemento da idea de negocio a emprender, e adquisición de bens, produtos e servizos a través de webs e plataformas de comercio electrónico,…

0.1944420337677