Chantada acolle o concerto 'Cantando na Escola' organizado pola Coral Polifónica do municipio
A Asociación Cultural Coral Polifónica de Chantada organiza para o vindeiro 12 de maio o concerto ‘Cantando na Escola’, que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada.
O proxecto ‘Cantando na escola’ estase realizando nos meses de abril e maio de 2024 en todas as escolas de educación primaria da comarca de Chantada (Carballedo, Taboada e Chantada), atendendo a 150 nenos e nenas como preparación para o concerto que se vai realizar este domingo.
En colaboración coa Banda de Música Chantada, un coro de 100 nenos e nenas da comarca de Chantada en Educación Primaria interpretarán, co gallo da festividade das Letras Galegas, ‘Os soños na gaiola’, de Manuel María, instrumentado por Antón Alcalde, unha obra que contén sete cancions do autor lugués, musicadas para banda e coro infantil.