Chantada acolle en setembro a Wolf Survival Race

RibeiraSacraXa
A WSR chega a Chantada o vindeiro mes de setembro, nos días 18 e 19, para converterse nunha das citas ineludibles dos corredores OCR.
wolf survive race
26 Maio 2021

A Wolf Survival Race chega a Chantada o vindeiro mes de setembro, nos días 18 e 19. A terceira edición desta proba regresa a Chantada para converterse nunha das citas ineludibles dos corredores de carreiras de obstáculos OCR.

Neste 2021, os corredores pódense apuntar en tres modalidades diferentes. Por un lado, na WSR Standard/ Experience que consistirá nunha carreira de 11 km e máis de 25 obstáculos e nunha carreira de 6 km e máis de 15 obstáculos respectivamente, e que se levará a cabo o día 19.

Por outra banda, o día 18, será o turno dos relevos wolf, unha carreira de 1 km e máis de 10 obstáculos por parellas. Finalmente, tamén o sábado 18, farase a Ninja track wolf, unha carreira de 500 metros aproximadamente e máis de 8 obstáculos.

Para participar é necesario inscribirse. Así pois, para facelo ou para máis información pódese consultar a web Wolf Survival Race.

wolf survive race chantada
0.14008808135986