Chantada acolle a Cabalgata dos Reis Magos

RibeiraSacraXa
Os Reis Magos chegan a Chantada esta tarde a partir das 18.
5 Xan 2023

Os Reis Magos chegan a Chantada esta tarde a partir das 18.00 horas para percorrer as rúas cunha cabalgata que virá acompañada de desfile de zancudos, cabalos e xigantes luminosos.

Ás 19.00 horas as Súas Maxestades chegarán ao Auditorio Municipal onde recibirán a todos os nenos do municipio, aos que lles darán os agasallos que merecen.

Tamén cabe destacar que continúa aberta a casa dos Reis Magos da praza de Galicia e que se pode visitar como último día hoxe ata as 21.00 horas.

0.13978791236877