Chandrexa de Queixa organiza unha saída a Pazolandia
RibeiraSacraXa
A actividade terá lugar o 30 de decembro en horario de mañá

21 Dec 2025
Un ano máis, durante as vacacións de Nadal, os nenos e nenas de Chandrexa de Queixa poderán desfrutar dunha divertida visita a Pazolandia. Este evento, organizado cada ano pola Deputación Provincial de Ourense, ofrece unha xornada de atraccións e diversión destinada aos nenos e nenas dos concellos da provincia.
A actividade terá lugar o 30 de decembro durante a mañá, ofrecendo unha xornada cargada de xogos, diversión e ilusión para os máis pequenos.