Chandrexa de Queixa celebrará o día grande do Entroido o sábado 1 de marzo

RibeiraSacraXa
O evento contará co tradicional desfile de folións, un xantar popular e a actuación musical do Dúo Eclipse
entroido-chandrexa
17 Feb 2025

O vindeiro sábado 1 de marzo, Chandrexa de Queixa vivirá unha xornada chea de festa, cor e tradición co seu día grande do Entroido. O evento contará cun espectacular desfile de folións a partir das 12:00 horas, no que participarán nove folións da zona. Entre eles estarán o Folión de Chandrexa, o Folión Fiadeiro, o Folión A Caniceira, o Folión A Veiga, o Folión Os Viticultores, o Folión Os Labregos, o Folión O Irrio de Caldelas, o Folión Os Arrieiros e o Folión de Petín.

Este animado desfile será a antesala dun xantar popular que terá lugar a partir das 14.30 horas no patio do colexio, onde todos os asistentes poderán degustar un delicioso menú tradicional. O menú incluirá empanada, chourizo, orella, así como postre de bica, café e licor para rematar a xornada de festa con sabor a tradición.

Para acompañar a festa e garantir a animación durante todo o día, contarase coa actuación do Dúo Eclipse, que se encargará de amenizar o ambiente e manter a enerxía ben alta durante o xantar e as celebracións.

0.17566418647766