Chandrexa de Queixa acollerá este sábado un espectáculo familiar de teatro

RibeiraSacraXa
Culturactiva Producións levará ao edificio multiusos a comedia familiar ‘Saaabor de Nadal’
teatro-nadal-chandrexa
26 Dec 2025

Este sábado 29 de decembro, a partir das 18:30 horas, o edificio multiusos de Celeiros en Chandrexa de Queixa acollerá a comedia familiar ‘Saaabor de Nadal’, dentro do programa Nadal en Rede da Xunta de Galicia.

A obra, a cargo de Culturactiva Producións e dirixida por Avelino González, combina música, humor, maxia e participación do público, cun trasfondo gastronómico relacionado coas festas do Nadal. Os actores Félix Rodríguez e Fran Rei interpretan a dous cociñeiros que preparan un menú especial para a ocasión.

O espectáculo aposta por menús sinxelos, o consumo responsable, a alimentación saudable e o comercio de proximidade, incluíndo coñecidas panxoliñas e a Marcha Radetzky no seu repertorio musical.

⚙ Configurar cookies
0.07602596282959