Chandrexa de Queixa acolle unha andaina saudable este mércores

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras organiza este mércores en Chandrexa de Queixa a andaina saudable ‘Ven a camiñar con nós. Ruta da Ferrería’. A actividade, que forma parte dos obradoiros de saúde comunitaria levados a cabo polo Sergas na provincia, terá saída ás 16.00 horas da Ponte de Cruz.
Para anotarse, as persoas interesadas poden contactar co Concello de Chandrexa de Queixa de forma presencial, por teléfono, no 988 334 000, e a través das súas redes sociais. Tamén poderán anotarse contactando co Centro de Saúde.