Centos de veciños asistiron á inauguración do pavillón polideportivo de Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
O Concello trasladou as celebracións do San Clodio ás novas instalacións municipais, que contaron cunha inversión total de 203.000 euros
Festas de San Clodio, Ribas de Sil
Festas de San Clodio, Ribas de Sil
3 Nov 2024

Ribas de Sil vén de acoller as Festas do San Clodio 2024. Como novidade, este ano o Concello trasladou as celebracións ao pavillón polideportivo, aproveitando a ocasión para inaugurar as novas instalacións, cuxa remodelación vén de rematar e que contou cunha inversión total de 203.000 euros do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia.

Para a loxística das castañas e da chourizada empregáronse as novas instalacións da tellavá construida ó lado da Nave Municipal, por importe de 45.000 euros nunhas obras financiadas integramente pola Deputación de Lugo en virtude dun convenio co noso concello.

Centos de veciños participaron nas festas de este ano e gozaron das novas instalacións deportivas do Concello.

0.19401001930237