Centos de persoas desfrutaron da VIII edición do Qui-Roma esta fin de semana

RibeiraSacraXa
O VIII Qui-Roma acolleu esta fin de semana un mercado, demostracións de tecido tradicional, talleres de cosméticos, a actuación da garda romana Lucus Equites, o gran desfile de castrexos e romanos Arde Loucos,  exposición de bois de Mario Nogueira, o espectáculo circense, o tradicional bingo Qui-romano, a loita de gladiadores e as actuacións musicais.
Qui Roma 4
21 Aug 2023

Ademais, os máis pequenos tamén puideron desfrutar de actividades especiais para eles, como xogos de auga e a escola de gladiadores.

Así, centos de persoas desfrutaron desta edición, na que destacou o desfile de romanos, castrexos e exipcios, que traían secuestrado ao rei castrexo, que rematou coa loita na que os castrexos conseguiron salvar ao seu rei.

0.16935801506042