Centos de persoas asistiron esta fin de semana ao Desfile de Comparsas de Chantada

Máis de 300 persoas participaron no Desfile de Comparsas deste sábado, 1 de marzo, no Concello de Chantada. Ás 18.00 horas comezaba o percorrido na Domuvi encabezado polo Entroido Ribeirao, seguiríanlle as 9 comparsas participantes con representación do Concello de Chantada e dos concellos de Antas de Ulla, Carballiño, Sarria, Rodeiro, Monforte de Lemos, Maside e Amoeiro.
O desfile percorreu as rúas de Chantada e foi seguido por numerosas persoas que ao remate déronse cita na carpa instalada na Praza de Galicia onde as diferentes comparsas fixeron as súas representacións para ser valoradas polo xurado, composto por 5 membros da orquestra La Travesía, que amenizou tamén a verbena posterior.
Os encargados de entregar os premios foron os membros do equipo de goberno, enencabezados polo alcalde, Manuel Lorenzo Varela.
Premios do desfile do Entroido de Chantada
Comparsas Infantil Local
- 1º Premio: Tropical Show (Chantada). 500 euros
Comparsas Infantil Xeral
- 2º Premio: Grease Antas (Antas de Ulla). 500 euros
- 1º Premio: Tropical Show (Chantada). 700 euros
Comparsas Adultos Xeral
- 3º Premio: “Festas no barranquillo” (Sarria). 300 euros
- 2º Premio: “Liñares Factory Team” (Amoeiro). 500 euros
- 1º Premio: “O mar ao son de Dacón” (Asociación Cultural Os Arrieriños de Dacón, Dacón – Maside -). 700 euros
Comparsas Adultos Local
- 1º Premio: “Galicia Caníbal” (Chantada). 500 euros
O Concello de Chantada destina a esta celebración 6.000 euros entre premios e axudas para incentivar a participación.