Celébrase unha xornada de portas abertas no Forno do Centro Oleiro Rectorial de Gundivós, en Sober
Este sábado, 11 de maio, terá lugar na parroquia de Gundivós de Sober unha xornada de portas abertas no marco da exposición ‘Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós’ que está no Vello Cárcere de Lugo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Así, a xornada será de tarde, na que ás 15.30 horas terá lugar a presentación e o inicio das actividades no Forno do Centro Oleiro Rectorial de Gundivós, para ás 16.00 horas visitar, por parte dos interesados, da Casa Museo Genia Trigo.
Xa ás 17.00 horas rematará a cocedura dos cacharrros enfornados o venres e, para concluír a xornada, ás 18.00 horas actuará o grupo As Cegas de Ouselle, como tamén se fixo hai unhas semanas en Samos. Ao finalizar o acto, farase unha queimada que poderán desfrutar todos os participantes.