Celébrase un novo faladoiro en Quiroga cunha concelleira como protagonista

RibeiraSacraXa
Ana Lucía Nogueira, concelleira da Corporación Municipal, profesora e vicedirectora do IES de Quiroga, será a protagonista
Segundo-Faladoiro-Quiroga
26 May 2024

Ana Lucía Nogueira, concelleira da Corporación Municipal, profesora e vicedirectora do IES de Quiroga, será a protagonista o mércores día 29 de maio do Faladoiro do Centro Social.

Nesta xuntanza, aberta ao público en xeral e moderada polo Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes, Ana Lucía Nogueira contará, a partir das seis da tarde, a súa experiencia docente e a súa experiencia de superación tras un episodio grave de saúde.

Falará sobre a súa traxectoria profesional como profesora e Vicedirectora no IES de Quiroga pero tamén da súa vida máis persoal contando os retos aos que lle tocou enfrontarse para superar o susto de saúde que lle deu a vida o pasado ano.

O Faladoiro é unha iniciativa da Área de Servizos Sociais do Concello de Quiroga, no que poden participar todas as persoas que o desexen, e no que partindo das vivencias dun veciño ou veciña da comarca, buscase crear un espazo de socialización e de coñecemento.

0.10455417633057