Celébrase en Sober a XV edición do Baile da Cachucha no día grande do Entroido
O Entroido chega ao Concello de Sober, que organiza diversas actividades para celebrar esta festa.
Para comezar, o día 9 de febreiro terá lugar o Xoves de Compadres e o 16 de febreiro o Xoves de Comadres.
Pero será o día 18 cando teña lugar a festa grande do Entroido, que incluirá a XV edición do Baile da Cachucha, na que participará unha comparsa con máis de 100 compoñentes.
Ese día haberá desfile de comparsas polas rúas a partir das 17.00 horas, que irá acompañado por música, inchables, xogos e merenda a partir das 18.00 horas para todos e todas os asistentes no pavillón municipal.
Ás 19:30 horas dará comezo o desfile de disfraces con premios para as mellores máscaras nas categorías de comparsas, parellas e individuais e a partir das 20.00 horas haberá degustación de cachucha e viño.