Celébranse xornadas sobre o aproveitamento dos montes este outubro
A fin de semana do 22 ao 24 de outubro celébranse en Parada dos Montes, no Concello da Pobra do Brollón, unhas xornadas sobre experiencias de éxitos e fracasos en aproveitamentos multifuncionais do monte, chamadas Os aproveitamentos multifuncionais do monte e o lume.
Ademais de relatorios moi interesantes con expertos en diversos temas, haberá unha demostración dun aserradoiro móbil e unha visita ao Monte Carballo de Friol.
Así pois, as xornadas comezarán o venres 22 de outubro cun horario de 16.30 a 20 horas. Neste día, haberá varios cursos sobre incendios forestais, aproveitamento de resina e aproveitamentos de froitos.
En canto ao sábado, a xornada realizarase de mañá e de tarde. Comezando pola mañá, de 9 a 14 horas, farase unha demostración do funcionamento dun aserradoiro móbil en Boimorto. En canto á tarde, de 15.30 a 20 horas, a xornada versará sobre o aproveitamento de cogomelos, de gandeiros extensivos e de madeireiros.
Xa para rematar, o domingo visitarase o Monte Carballo de Friol en horario de mañá.
A asistencia é gratuíta, pero cómpre inscribirse previamente. Así mesmo, para máis información ou para reservar pódese contactar con marcos.ferreira@sistemasea.gal ou no número de teléfono 687 870 862.