Celaguantes celebrará a próxima fin de semana as súas festas en honra a San Ramón

A parroquia de Celaguantes, na Peroxa, celebra este sábado, 30 de agosto as súas festas en honra a San Ramón.
Os festexos arrancarán ás 12:00 horas cunha misa solemne e procesión, seguida dunha sesión vermú ás 13:00 horas amenizada coa música do Dúo Begoña Mazaira e Rubén Prado. As 14:30 horas haberá un xantar popular que requirirá reserva previa a través do número de teléfono 678 703 410. O Dúo Trazos será o encargado de poñer fin ás celebracións cunha actuación ás 20:00 horas. Ademais, durante toda a xornada haberá rifas, sorteos e moitas sorpresas.