CCOO denuncia a unha empresa monfortina por peche fraudulento
Representantes sindicais de Comisións Obreras denunciaron á empresa Cesmauto e ao seu administrador aos que acusan de facer un peche fraudulento.
Está recoñecida empresa do sector do automóbil en Monforte de Lemos, con máis de 40 anos de actividade, foi concesionario oficial de Opel, servizo oficial de Nissan, Honda, Hyundai, Toyota, Kia, Suzuki e ultimamente FSDK, e servizo posvenda de todas as marcas.
Liderou durante moitos anos o número de ventas a nivel provincial, chegando a matricular 900 vehículos o ano, e vender outros tantos usados, "ou sexa facer unha facturación de más de 2 millóns de euros ao ano, o que levou a esta empresa e o seu administrador único, César Vázquez Parga, a adquirir un patrimonio persoal millonario, con edificios en Monforte, Chalet de luxo en Sanxenxo, pisos e apartamentos por Pontevedra, O Grove e demais xeografía galega", indican en CCOO.
Ademais aseguran que a situación fixo que a súa plantilla se sentise orgullosa, "si non fose polo final que deseñou dende a pandemia para descapitalizar a sociedade, ata tal punto que en xuño 2024, cando presentou Concurso Voluntario ante o Xulgado Mercantil de Lugo, o único que aparece é unha débeda de case 1 millóns de euros, que Cesmauto lle debe o Administrador único, César Vázquez, xa que as naves tamén foron transferidas con anterioridade a seu nome".
Indican tamén que esta situación deixa nunha total indefensión e sen cobrar salarios dende xullo a todos os traballadores, "condenados igualmente a recibir a indemnización mínima de máximo unha anualidade de salario do Fogasa, cando á maior parte dos traballadores lles correspondería mais de 80.000 euros, en situación normal, que igualmente deixa no desemprego a persoal cualificado coa mínima contía, xa que lle reduzo a xornada ultimamente, e derivou o traballo durante todo o verán a talleres de toda a comarca, e vendeu todos os recambios sen pasar por contabilidade", explican.
Consideran por isto que se produciu unha fraude "que xa denunciamos durante a negociación no período de consultas a través da Administración Concursal o Xulgado do Mercantil, e por todo iso de non achegar o necesario para que os 12 traballadores afectados perciban as nóminas pendentes dende xullo e a indemnización legal improcedente a maiores do mínimo do Fogasa, denunciaremos ao empresario por fraude e solicitaremos que acollo o xulgado e declare concurso culpable, e se teña que facer cargo de todo o custe do seu patrimonio persoal, como pasou co concesionario Renault, no seu día, tamén denunciado por CCOO".