CCOO de Industria de Lugo convoca folgas polo convenio das ITV

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Dende CCOO de Industria de Lugo, xunto os demais sindicatos da mesa de negociación do convenio das ITV de Galicia, convocan unha folga todo os sábados do mes de agosto
itv
9 Aug 2024

Dende CCOO de Industria de Lugo, xunto os demais sindicatos da mesa de negociación do convenio das ITV de Galicia, convocan unha folga todo os sábados do mes de agosto (10, 17, 24 e 31) en todas as estacións de ITV de Galicia. Dende que se constituíu a comisión negociadora do IV Convenio de empresa de Supervisión e Control, S.A., (ITV), xestionadas polo grupo catalán APPLUS o pasado 2 de outubro de 2023, celebráronse 14 xuntanzas coa dirección da empresa, non acadando ningunha reivindicación da parte social.

Lembran que o principal avance do conxunto dos traballadores é o incremento salarial e a redución de traballar 6 días a semana (os sábados), cuestións que sempre foron rexeitadas pola parte empresarial e neste intre atopase a negociación nun bucle, dado que a parte empresarial non fai mais que retorcer as súas propostas, sen aportar ningún avance e cunha perda de poder adquisitivo tres puntos por debaixo do IPC real dos últimos anos.

Esta empresa é a única concesionaria da ITV da Xunta de Galicia, que ano tras ano vén experimentando un volume de negocio e uns beneficios netos de un 15%, que supoñen 1,5 millóns de euros en cada exercicio (o sexa obtén un 39% de beneficio), que son froito maioritariamente da man de obra dos seus traballadores/as, que a día de hoxe roldan os 600 en toda Galicia, e o que están reivindicando aínda non alcanza un 15 % dese superávit, polo que en base o todo elo, de non acercar posturas antes de completar as catro xornadas de Folga dos sábados de agosto, ampliaremos a convocatoria o mes de setembro.

0.11920118331909