Caurel Vivo solicita ao goberno de Folgoso do Courel que intente anular a revalorización colectiva de leiras
A agrupación política Caurel Vivo avisa aos veciños de Folgoso do Courel de que a Xerencia Xeral de Catastro vén de anunciar unha “valoración colectiva” de leiras en varios concellos, tamén no do Courel.
Por iso, din que os veciños que sexan propietarios de leiras serán os afectados por unha nova subida do IBI e terán que pagar os atrasos de 4 anos atrás e só hai ata o 23 de xuño para informarse e pedir cita no catastro de estar afectado.
Así, desde Caurel Vivo explican que "estamos en contra de que se suban o IBI da rústica, aínda por riba de que xa estamos a pagar polas vivendas, unha das cotas máis alta da rodeada pola valor irreal que facenda marca os inmobles no Courel".
Ademais, sosteñen que o Concello de Folgoso do Courel "leva anos sendo un dos concellos no que máis sobrevaloradas están as casas, o cal afecta directamente a cota anual que os veciños pagamos polo pago do impostos do IBI, por ter aplicado un valor catastral moi por encima do valor real de mercado e moi por encima de moitos municipios con unha renda media per cápita moi superior á nosa", comentan.
Propostas
Por outra banda, Caurel Vivo xa fixo unha proposta para a revisión á baixa dos valores catastrais na anterior lexislatura para o Concello de Folgoso do Courel, a cal foi votada en contra polo PP.
Por isto, solicitan ao equipo de goberno que acaba de ser investido, que faga unha reclamación conxunta para anular esta nova revalorización, que se informe á veciñanza das parcelas afectadas e a orixe das modificacións, que tramita as queixas que a veciñanza lle transmita e corrixa de oficio o que se vexa mal e que se lle pida unha ampliación do prazo para poder reclamar, "xa que a moita xente non lle da tempo de facelo, e as citas para revisalo en catastro estanse dando a unha semana", setenciaron.