Caurel Vivo esixe ao novo equipo de Goberno que entre na Xunta que arranxe a estrada LU-651
A organización local de Caurel Vivo demándalle ao novo equipo que entre na Xunta na seguinte lexislatura que se comprometa firmemente co Courel e consiga poñerlle "unha solución áxil para rematar a licitación do tramo da estrada mellora da estrada LU-651 no treito Ferrería Vella-Seoane do Courel, que xa leva 12 meses de retraso", expoñen.
Así, explican que "O Courel precisa da súa estrada principal en boas condicións, non que estea en terra e cun carril cortado", polo que esixen "que se realice unha reparación inmediata de todas as fochancas e regos producidos polas obras con asfalto e non con terra e grava solta que inda deteriora máis o pavimento e que a circulación sexa perigosa".
Esta licitación, lembran foi solicitada no ano 2021 e o 11 de marzo de 2022 a Xunta de Galicia resolveu a licitación do tramo. Porén, "os veciños do Courel vemos que xa non é só o retraso que levan, debendo ter rematado en marzo do 2023, senón que van rematar dous ou tres anos".
Así, denuncian que "pasamos de ter unha estrada cun pavimento aceptable a ter un lamazal de terra pola que temos que pasar e o Concello, cando se lle pregunta nos plenos, non ten informacións nin fai por tela. Non reclaman nada que haxa que levantar o teléfono contra a Xunta de Galicia".
Así, conclúen que "os grandes prexudicados son as empresas, o turismo e a veciñanza, polo que non podemos calar nin permitir que o noso Concello sexa sistematicamente aldraxado e con obras de segunda", concluíron.