Taboada acolle unha cata de iniciación

RibeiraSacraXa
O Concello de Taboada celebra no día de mañá, 21 de setembro, unha cata de iniciación de viños da Ribeira Sacra.
vino cata copa
20 sep 2021

Taboada celebra mañá, 21 de setembro, unha cata de iniciación de viños da Ribeira Sacra.

Esta acción formativa terá lugar o martes 21 de setembro na casa consistorial de Taboada. Así pois, celebrarase en xornada de tarde, en horario de 17:30 a 21:30 horas. Todos os interesados poderán anotarse no curso cubrindo a correspondente solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse finalmente ao correo electrónico de formacion.agacal@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 881 997 279 para máis información.

O obxectivo principal deste curso é proporcionar coñecementos básicos de enoloxía e viticultura aos asistentes, ademais de ensinarlles as habilidades básicas da cata de viños para que saiban distinguir os atributos positivos dos negativos e ter un vocabulario acorde a este tipo de prácticas.

Así, o programa recolle unha parte teórica centrada nas peculiaridades das subzonas da Ribeira Sacra, pasando polas distintas tipoloxías de viño, a súa maduración e mesmo o seu etiquetado. Seguidamente, combinarase unha parte práctico-teórica sobre as distintas fases que compoñen unha cata, centradas nas parte visual, olfativa e gustativa.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

0.15584301948547