Castañas a cambio dunha compra nun negocio local o 31 de xaneiro en Chantada
A asociación de empresarios de Chantada pon a disposición dos veciños unha campaña para promover as compras no comercio local.
Esta nova iniciativa porá a disposicións dos veciños que teñan realizada unha compra nos días 28, 29, 30 ou 31 e presenten o ticket dalgún establecemento asociado á asociación de empresarios de Chantada, un cono de castañas quentiñas de balde.
O posto manterase na praza de Galicia de Chantada a partir das 10.00 horas.
As castañas son un produto estacional, a súa tempada comeza no outono e remata a finais de xaneiro, polo que esta iniciativa será unha das derradeiras oportunidades para desfrutar deste froito tan característico da zona da Ribeira Sacra ata o vindeiro outubro.
As campañas para promover o negocio local fixéronse máis intensas despois das consecuencias que a pandemia tivo nos empresarios que aínda se están a recuperar. Ademais, este tipo de actividades axudan a facer parroquia e xuntanzas entre os veciños sendo unha nova forma de ocio e lecer.