Carmen Domech representa ‘Onde viven os monstros’ en Pantón
O Concello de Pantón segue acollendo actividades como parte da súa programación de verán para o desfrute de todos os veciños e veciñas, que comezou o pasado 5 de xullo coa obra ‘Diógenes 23’ con Lila Teatro.
A seguinte proposta é hoxe, venres 2 de agosto, ás 11.30 horas, cando Carmen Domech levará ‘Onde viven os monstros’ ao edificio sociocultural.
Con respecto a outras iniciativas, o 9 de agosto terá lugar ‘Patrón’, o monólogo de Alberte Mentes ás 22.00 horas na praza do Concello; o 14 de agosto Juste Kamoshibai, papel e teatro con Mónica Bastón Paz traen ‘Non hai cousas de neno e de nena, só persoas’ ao edificio sociocultural ás 11.30 horas; e rematarán as actividades o 23 de agosto coa actuación de Xograres de Lemos ‘Música de baile’ ás 22.00 horas na praza do Concello.