Carlos Armesto repite na dirección do PP do Saviñao
O alcalde, Carlos Armesto Quiroga, repite na presidencia do PP do Saviñao como resultado do derradeiro congreso celebrado polo Partido Popular cunha candidatura única e “con máis mulleres e xente nova”.
Ó congreso asistiron entre outros membros da dirección provincial o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro, e o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal. Dende a dirección provincial agradecen “o compromiso da agrupación local e a implicación por impulsar o municipio e os seus veciños”. E destacan “a solidez do equipo de traballo e o bo resultado nas últimas eleccións municipais grazas a un proxecto firme e consistente”.
O equipo de traballo co que contará o PP de O Saviñao contará con Joaquín González González, que foi alcalde durante 28 anos no municipio e “agora ratificamos o seu posto como presidente de honra”. Armesto explica que “intentamos que na xunta directiva teña un maior peso as mulleres e por iso a secretaría xeral quedará en mans da concelleira e segunda tenente de alcalde, Beatriz Rois Castro”. Pola súa parte “a secretaría xeral da muller recae na concelleira de rural Maika, asumindo un protagonismo especial. A nova directiva conta con 14 vogais”.
“Intentamos que tivera cabida tamén a xente que realmente ten unha implicación co Concello e por iso vai a haber representación dos pedáneos das parroquias. Van a estar os concelleiros do partido que tiveron unha magnífica implicación durante a lexislatura” di o presidente do PP de O Saviñao.
“Vamos a ter oito mulleres na directiva e xuventude. O equipo de traballo está composto de xente sobradamente cualificada, captamos talento con currículums excelentes” apunta Carlos Armesto. O obxectivo do grupo “é seguir esforzándose polos veciños e traballar por aumentar o apoio de todo o municipio nas próximas eleccións municipais”.