Carballedo recibiu o pasado ano achegas por valor de 42.300 euros para actuacións de mellora no municipio

RibeiraSacraXa
Concretamente, o Concello executou distintos traballos de mellora do alumeado público grazas a fondos da Xunta de Galicia
Julio Yebra-Pimentel y Javier Ariasjpg
Julio Yebra-Pimentel y Javier Arias
1 Mar 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse hoxe co alcalde de Carballedo, Julio Yebra-Pimentel, para tratar diferentes asuntos de interese municipal que competen a ambas administracións.

Entre as colaboracións máis destacadas figura a achega de 117.500 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para realizar reformas na casa do concello e no edificio multiusos, con cargo a unha nova orde de axudas dirixida a entidades locais para acometer traballos de mellora da eficiencia enerxética en instalacións municipais.

Así mesmo, a través das liñas do Fondo de Compensación Ambiental do ano pasado este municipio suma 42.300 euros concedidos para executar distintas actuacións de mellora do alumeado público.

⚙ Configurar cookies
0.52445101737976