Carballedo prepárase para recibir aos Reis Magos

RibeiraSacraXa
Estarán este domingo na Residencia de Maiores e na Casa do Concello
Reis Magos
3 Jan 2026

Este domingo 4 de xaneiro, o Concello de Carballedo organiza unha xornada especial dirixida a veciños e veciñas de todas as idades, que contará cun bingo solidario e coa esperada visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

A programación comezará con dúas sesións de bingo solidario, ás 18:00 e ás 18:30 horas, cuxos beneficios se destinarán á Asociación Chantada Contra o Cancro.

Ás 19:00 horas, os Reis Magos visitarán primeiro a Residencia de Maiores e despois o Concello de Carballedo, para compartir coas familias e manter viva a maxia do Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.081650972366333