Carballedo prepárase para Celebrar a II Festa do Cocido do Porco Celta

RibeiraSacraXa
Será este sábado no Pavillón da Barrela e para asistir é necesario anotarse previamente
festa-do-cocido-caarballedo-portada
25 Apr 2025

Carballedo celebrará este sábado, 26 de abril, a segunda edición da Festa do Cocido do Porco Celta, que coincidirá tamén coa segunda edición da Mostra de Artesanía da Ribeira Sacra.

En canto á Festa do Cocido, será no Pavillón da Barrela e as reservas poden realizarse a través do 666 552 508. O menú incluirá dun “picoteo” con chourizo, salchichón e empanada, sopa, cocido de porco celta, viño da Ribeira Sacra e sobremesa, por un prezo de 35 euros para os adultos e 15 para nenos e nenas menores de 12 anos. O pregoeiro desta edición será Victor Manuel Vázquez Portomeñe.

⚙ Configurar cookies
0.16415810585022