Carballedo organiza unha observación guiada para ver o eclipse solar

RibeiraSacraXa
Será o 12 de agosto e será necesario anotarse previamente
eclipse-carballedo
17 Feb 2026

O Concello de Carballedo organiza unha actividade para gozar do eclipse solar que terá lugar o vindeiro 12 de agosto. A cita será no Complexo Deportivo Catro Ventos, na Barrela, e está aberta a todos os públicos, aínda que será necesario anotarse previamente.

A xornada comezará ás 19.30 horas e contará cunha observación guiada a cargo de E.M. Novoa, divulgadora científica no ámbito da física aplicada e especializada na observación do ceo e na divulgación da astronomía, quen explicará que é un eclipse solar, como se produce este fenómeno astronómico e cales son as medidas necesarias para observalo de forma segura.

Desde o Concello lembran a importancia de acudir con gafas homologadas para a observación solar, imprescindibles para evitar riscos na vista. As persoas interesadas en participar poden inscribirse previamente chamando ao teléfono 982 466 201.

⚙ Configurar cookies
0.081346035003662